30/11/11

Galería de fotos de Enlaza Vigo

Mónica Bar comparte con Enlaza Vigo as súas fotografías da cadea humana contra a violencia de xénero celebrada o pasado día 25. Siluetas de mulleres, representantes das organizacións de mulleres integrantes do Consello Municipal da Muller, persoas anónimas, persoal da Oficina Municipal do Voluntariado, pancarta institucional... 

Unha galería de fotos que recolle o ambiente arredor da cadea coa que a cidadanía de Vigo expresou a súa repulsa da violencia machista, que pode verse premendo neste álbum web de Picassa.

© Mónica Bar. Pancarta institucional.

28/11/11

Declaración Institucional do Pleno da Corporación- 25 de novembro



Na sesión ordinaria do día 19 de outubro de 2011, o Consello Municipal da Muller acordou designar a Dona Ángeles Arias Miño, representante da secretaría da muller de UGT, e membra do Consello Municipal da Muller, para a elaboración desta proposta e posterior lectura perante o Pleno da Corporación na sesión que terá lugar o 28 de novembro de 2011.

“Declaración Institucional co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres”. 

“O machismo mata”

As mulleres que formamos parte do consello municipal somos conscientes de que a nosa loita en defensa do longo camiño pola igualdade está costándonos un alto prezo. Pertencemos a diferentes organismos, asociacións e profesións e temos diversidade de opinións, mais caracterizámonos pola nosa capacidade de diálogo e traballo en prol da igualdade.

O movemento feminista na nosa cidade é un claro exemplo para o resto da Comunidade Galega; somos pioneiras na reivindicación dos dereitos das mulleres. Preocúpanos a todas e ocúpanos a manifestación máis grave da desigualdade que é a violencia machista.

Desde o ano 2003 as estatísticas dinnos que xa van máis de seiscentas mulleres asasinadas, todas elas vítimas do terrorismo machista.

Por estas datas, todos os anos conmemoramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

É certo que se aprobaron no noso país leis moi importantes para avanzar no eido da igualdade: a lei contra a violencia machista, a lei de igualdade entre mulleres e homes, a lei do dereito o aborto... Saltos cualitativos pero insuficientes.

Moi ao noso pesar seguimos tendo discriminacións por razóns de xénero no ámbito laboral, social, económico e político. As mulleres concienciadas do noso papel na sociedade, preguntámonos por que temos que pagar tan alto prezo para gozar da nosa independencia, por querer ser donas dos nosos proxectos de vida, por participar activamente na vida social e política, por querer ser visibles.

A violencia de xénero segue a ser o maior obstáculo para a igualdade. Os agresores teñen un obxectivo claro: conseguen destruír, atemorizar, paralizar. Preguntámonos que é o que a sociedade está a facer mal para que siga habendo tantas vítimas.

Desde o Consello Municipal da Muller formulamos o seguinte:

-Que non nos basta un minuto de silencio cada vez que hai unha vítima da violencia de xénero.

-Que as administracións se comprometan na prioridade da atención ás necesidades das mulleres que sofren maltrato, discriminación, desigualdade na sociedade e de forma continuada.

-Que as administracións traballen en colaboración, en equipo e democraticamente, tendo como colaboradora á sociedade implicada na problemática da violencia machista: asociacións e organismos.

-Que as administracións lles esixan a formación necesaria a aquelas persoas que teñan que atender as vítimas: sanidade, xustiza, benestar social, educación.

-Que as administracións melloren os mecanismos de coordinación entre xulgados, policía, servizos sociais.

-Que os medios de comunicación se impliquen no tratamento axeitado da información sobre a violencia, evitando valoracións subxectivas, frases feitas, opinións de persoas alleas.

-Que todas e todos utilicen a linguaxe de forma rigorosa para visibilizar a problemática da violencia machista.

Solicitámoslle ao Concello de Vigo:

1.- Que achegue os medios humanos, os recursos económicos e materiais necesarios para facer políticas de igualdade.

2.- O compromiso prioritario de traballar na prevención do maltrato, da discriminación e da violencia.

3.- O recoñecemento do traballo feito polas diferentes organizacións feministas ao longo destes anos, levantando a súa voz, e tratando de facer visible este terrorismo que tanto nos afecta como persoas.”

Un feito real



Colaboración de Antela Cid, actriz.

Martes 22 de Novembro de 2011, estación de metro e cercanías de Príncipe Pío, 15 horas e corenta e sete minutos, Madrid (España). Vexo a unha parella nova abrazada, os dous apoiados nunha baranda. Penso: ámanse.

Baixo as escaleiras mecánicas. Un berro de muller sobresae no balbordo do lugar. Xírome. El estampa a súa man contra a súa cara, ela volve berrar. A rapaza que vai diante de min di: “¡hijoeputa le acaba de dar!”. As escaleiras seguen mecánicamente cara abaixo e eu sigo mirando. Eles  violentamente unidos nun confuso abrazo. Chego abaixo e busco. Busco a alguén de seguridade. Atopo, informo e responden: “vale, vamos a ver hacia donde van”.

A parella difumínase entre a xente. Eu sigo cara o meu destino. Baixo do tren, estou en Aravaca. O garda de seguridade fronte a min, está en Aravaca. Ela que berraba non sei onde está.

27/11/11

Solidariedade multiplicada por miles de "frames"

A visión de Javier Viana da cadea humana EnlazaVigo do 25 de novembro.

"É unha homenaxe. Ahí hai máis de 500 fotos. En cada unha delas hai caras, historias, idades. A miña implicación consistiu en percorrer coa cámara e ringleira enteira. É coma un instante de solidariedade multiplicado por miles de frames: un combate corpo a corpo da tecnoloxía (a imaxe en movemento) contra a realidade  (a fixeza de cada grupo de rostros detido nunha foto)".

Música de Wöyza.


26/11/11

Mensaxe do IES Manuel Antonio

Mensaxe remitido polo IES Manuel Antonio, que foi lido polo seu alumnado na cadea Enlaza Vigo:

Os rapaces e rapazas do Manuel Antonio apoiamos e reivindicamos que a igualdade sexa unha realidade e non só un dereito e que a violencia de xénero sexa unha páxina nos libros de historia e non unha noticia presente a cotío nos medios de comunicación.

25/11/11

Vida



Colaboración da escritora Marga do Val (Texto lido o 25 de novembro do 2009 na Praza do Concello do Porriño contra a violencia de xénero).

Xa hai unhas cantas noites que Vida non dorme. Noites de sete meses e de non durmir por que o amor tira o sono aínda que nos faga soñar espertas. Esta noite é outra e o seu non durmir é outro. Vida lembra a súa vida, a vida que lle contaron, pouco é o que se debe lembrar cando só se teñen 16 anos. Vida é capaz de imaxinar a face da súa nai cando soubo que estaba preñada, de tantas veces que llo contou desde pequena, imaxinar a felicidade cando soubo que ía ter unha nena e a felicidade aínda maior cando a adormeceu contra o seu corazón por vez primeira e, como nese instante, Rebeldía decidiu chamala Vida. Vida pensa en Rebeldía e en todo o que dela aprendeu e, sen querer, ensaríllase na historia de Rebeldía, a súa nai, e na historia de Resignación, a súa avoa. Véñenlle lembranzas de cousas que ela non viviu, que non puido vivir pero que leva coma tatuaxes na pel. Só hoxe neste non durmir diferente lle veñen estas lembranzas. Resignación dicíndolle a Rebeldía, que non o saiba teu pai, anda con ollo. Resignación dicíndolle a Rebeldía, cala, non protestes, non me podo queixar que hai outros peores, el é bo, hai que sabelo levar. Rebeldía fuxindo da oficina do amigo do seu pai, á quen lle leva a contabilidade polas tardes, mentres estuda polas mañás dereito. Rebeldía baixando a correr as escaleiras desde un cuarto piso sen ascensor para non volver e deixar alí para sempre a súa roupa e os seus libros, aquela cadea co C de Consuelo que a súa avoa lle dera cando marchaba da casa para estudar en Compostela, o C de Consuelo enriba das follas abertas do Manifesto Comunista, ela que andaba en volta na lectura daquel libriño pequeno que aínda lle abrira máis os ollos: Que fai o poder no teu leito?. Rebeldía que protesta por traballar, se cadra, máis horas ca Modesto e cobrar menos ca el, naquel bufete do avogado progre que defendía aos insubmisos. Rebeldía que a leva a escola que a recolle pola tarde, que lle paga as clases de ballet que ela nunca puido ter. Resignación que lle fai vestidos con bordados de niño de abella e Rebeldía que só a leva a festa da parroquia despois da misa, para que ande nas barcas e mais nada. Vida que aprende que o máis importante para a muller vai ser a independencia económica, para iso cómpre estudar, prepararse, como lle dixo sempre a súa nai, aprender a valerse sen depender de ninguén, como lle di Resignación, ser dona do que é dunha, non coma antes. E é que Vida, nunca pensara até esta noite, o que debeu de ser antes. Non pode imaxinar, ela criada por unha nai solteira, que quixo ter unha filla, non pode pensar que as mulleres tivesen que pedir permiso para todo, ou aos pais ou aos maridos, até para teren unha conta no banco, nin sequera pode imaxinar as cafeterías sen mulleres, as gasolineiras sen mulleres e o seu instituto sen alumnas.

Hai sete meses que non dorme, comezou a saír con aquel rapaz, que coñece desde nena e que, hai sete meses lle fixo caso. Algo se lle meteu na boca do estómago que a ilusionaba, foi cando comezou a vestirse para el, pensando no que a el lle gustaba, a súa nai que non era muda, notou o cambio e díxollo. O malo non era ese desexo de que as horas pasaran para estar con el, con aqueles bicos que lle prendían o corpo e a facían feliz, o malo foi cando el comezou a ir ao seu, sen lle importar o seu desexo, sen pensar no que a ela lle gustaba. Sen se dar conta só saía con el, sen se dar conta el líalle as súas mensaxes no móbil, sen se dar conta, el preguntáballe sempre onde estivera, sen se dar conta aprendeu outras cantigas que viñan de vello. O amor sen celos non é amor e lembrou moitos dos boleros e tangos da súa avoa Resignación. E así foi como Vida desde hai catro meses comezou a temer das palabras do seu mozo Medo, a temer as súas ameazas de matarse se ela o deixaba. Moito chorou a noite que Medo a levou ao alto da Risca e a deixou alí, sen móbil, despois de discutiren. Moito chora agora mentres preme na man aquel libro que lle regalou a súa nai polos seus quince anos, mentres dicía, xa está un pouco pasado pero eu quéroo coma un talismán. Que fai o poder no teu leito?

Aperta o libro por vez primeira contra o seu corazón e lembra que se chama Vida e que cómpre desfacerse de Medo. Por iso escribe esta historia, así vaille ser máis fácil explicarlle á xuíza por que ten o brazo fóra do sitio. Sabe que a súa nai que non é muda vai estar con ela, tamén sabe o que a súa avoa lle di, ai nena, estes boleros de tanto sufrir xa non che son do teu tempo.     

24/11/11

Enlazad@s


Colaboración de Francisco Castro, escritor e editor.

A túa man que enlaza que proclama esixencias de liberdade que afasta así toda melancolía da luz.

A túa man que descobre a saída do universo presidiario no que el tantos el habitan acoirazados en razón caparazóns capa razón e pechaduras de telenovela coma galáns de folgos escasos fume xunguido de xofre samesuga que sempre mancan matan todo sobre todo a alegría que lles falta.

A túa man donicela liberada que fai voda coa miña porque quere.

A túa man que xa non se arrastra porque soubo matar ao verme bigotudo que te pensaba súa en usufruto dinerario compreiche un día es miña ou de ninguén que pensabas que era isto do amor eterno.

A túa man delicada e dedicada que ten dedos que me deixan sentir os teus ósos un día golpeados hoxe por fin ceibos coma violíns que dóces proclaman a sinfonía das améndoas e das bocas namoradas orgullo de seu corazón de seu.

A túa man que se alza para sinalar co dedo, non me toques nin me mires.

A túa man enlazada á miña
anunciando
a república da vida. 

23/11/11

Vergoña allea



Colaboración de Fran Alonso, escritor.

A violencia de xénero é un dos actos máis cobardes, miserables, malvados e indignos de cantas atrocidades existen no século XXI.

O maltratador aseméllase a unha serpe velenosa que muda a pel en función do momento ou da persoa que teña diante. Ás veces loce a súa pel violenta, ruín, impasible e destrutora, pero outras veces móstrase amable, conciliador e condescenciente.

No fondo, a súa cobardía é xigantesca, porque é a dun home acomplexado. A sociedade deber ser intolerante cos seus comportamentos. Eu, Ti. Nós. Todos. Todas. Que non te engane. Que non nos engane. Non sexamos cómplices.

Como home, estes individuos fanme sentir vergoña allea. Cos maltratadores, permisividade cero, condescendencia cero.

El enemigo en casa



Colaboración de Nicolás Pastoriza, músico.

Soy el enemigo en casa
hecho con oxidadas piezas de resentimiento
soy el enemigo en casa
con una botella de vinagre que escapa en el aliento
soy TU enemigo en casa
aquel que tu creías..ahora ya, ni parecido
aquel ha muerto o puede que abducido
soy el enemigo de tu casa,
soy el fantasma que mueve los muebles
y aún quiere que le digas que le quieres
el enemigo en casa, impredecible
el enemigo de todos tus sueños
que se te hacen ya imposibles"

EL ENEMIGO EN CASA LO PRIMERO QUE QUIERE CARGARSE SON TUS
SUEÑOS.

SON 54 SUEÑOS ESTE AÑO.

22/11/11

Ti es un ser libre


Colaboración de Aurora Maestre, actriz.

A todas as mulleres que sofren pero en silencio a dor, a mágoa, o desalento de non querer dar a primeira pegada porque pensan qué camiño coller, eu diríalles a todas: Non o pensedes máis. Sí. Hai camiño e como dixo o poeta “CAMINO SE HACE AL ANDAR” pero todo o camiño comeza coa primeira pegada.

Non o penses máis; falo polos teus fillos, polos teus pais, polos teus irmáns, polo que ti ames... pero sobre todo FAINO POR TI, pola túa liberdade, pola túa paz, pola convivencia  pacífica. Por todo isto non esquezas nunca que “sempre hai unha primeira sinal”. Polo tanto, ¡Plántate!, ¡Fala!, ¡Pide axuda! e desfaite do síndrome de culpabilidade..! ¡Ti non tes a culpa!, ti eres un ser libre con todos os dereitos e aquel que queira privarte deles, que te faga chorar ¡NON TE MERECE!

Lembra as palabras de Segismundo en “La vida es sueño”; ¿QUÉ LEY, JUSTICIA O RAZÓN NEGAR A LOS HOMBRES SABE, PRIVILEGIO TAN SUAVE, EXCEPCIÓN TAN PRINCIPAL QUÉ DIOS LE HA DADO A UN CRISTAL, A UN PEZ, A UN BRUTO Y A UN AVE?

Indudablemente refírese a liberdade, algo do que se priva a un feixe de mulleres.


La violencia es tan absurda... que no tiene ninguna excusa, ninguna


Colaboración de Sergio Pazos, actor.

Grandes maestros, y maestras, de la no violencia han demostrado que se puede avanzar y conseguir cambios en la sociedad sin utilizarla, recordad dos frases de Gandhi muy breves: "lo que se obtiene con violencia solamente se puede mantener con violencia", y "Ojo por ojo y todo el mundo acabará ciego"… ¡Vaya si cambió cosas este pequeñito señor! Y esta frase, "Jamás la violencia ha arreglado nada" ¿saben de quién es? es de Tawakkul Karman, Premio Nobel de la Paz 2011.

Nos toca ahora a nosotros y nosotras, como sociedad moderna y evolucionada dar un paso más y buscar soluciones a un problema creado, posiblemente por las diferencias culturales, por un machismo latente en la misma sociedad dominante y dominada por los varones y por la falta de sensibilidad de la verdadera igualdad entre hombres y mujeres. La mujer en nuestra sociedad ha estado en un segundo lugar, relegada a labores menores, a labores de ama de casa, ha dependido económica y socialmente del hombre sea este padre, hermano, marido, iglesia (curas hombres casi siempre o monjas sometidas a jerarquía de varón), jefe en el trabajo... Esta continua dependencia en el tiempo ha creado una sensación de normalidad en la dominación del hombre sobre la mujer. El cambio que ésta está dando en la sociedad al reivindicar su sitio hace que muchos hombres no acepten ni entiendan esto tan sencillo. Muchos tratan de mantener ese estado de dominación utilizando la vía más básica y primitiva, que no es la más sencilla precisamente, utilizan la violencia (la maté porque era mía).

Demostremos a nuestras mujeres, a nuestra amigas, a nuestras madres, a nuestras compañeras, a nuestras jefas que estamos cambiando esta situación, que los violentos son los menos, que están equivocados, ese no es el camino. Eduquemos a los hombres y mujeres del mañana en la convivencia y la igualdad, en el respeto al otro. Proclamemos que queremos un futuro distinto, que no permitiremos amigos ni compañeros violentos. NO.

Y sin violencia pero con contundencia alzo mi voz y digo ¡NUNCA MÁS!

21/11/11

Adeus


Letra da canción "Adeus" de Uxía Senlle.

Un ano xa pasou e nada muda
Os mesmos pasos e a mesma casa
A mesma pechadura, a mesma anguria
E as ganas de fuxir na madrugada
E, mesmo cando estás, a túa ausencia
A miña pel magoada, o teu desexo
E as promesas vagas, o meu medo
A miña infinda e vasta paciencia
Os mesmos golpes, a mesma rutina
As miñas penas e a túa alegría
A miña consabida fantasía
De ir para outro lugar firme e espida
Quen sabe se mañán será outro día
Un día que me ensine a despertar
As nosas contas non están saldadas
E sexa o meu adeus para nunca máis
As feridas non dan para esquencer
 O teu amor xa doe como un puñal
E eu emprendo xa a retirada
Antes de que volvas como sempre
Non quero ser a sombra permanente
A noite escura e ti o temporal
Eu quero ser alguén que reaparece
Alguén que nunca vai voltar atrás. 

A Concellería de Igualdade distribúe unha Unidade Didáctica sobre Violencia de Xénero entre os centros de ensino secundario

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o vindeiro día 25 de novembro, a Concellería de Igualdade repartiu 500 unidades didácticas entre a totalidade dos centros de ensino secundario, públicos e concertados, de Vigo.

O material está deseñado para que o alumnado reflexione sobre a violencia contra as mulleres, un tema de interese social que non figura especificamente en nin­gunha materia do currículo escolar.

A través da lectura de noticias dos xornais, de videos de campañas, de cancións, reportaxes televisivos ou películas, o alumnado do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) ten a oportunidade de achegarse con mirada crítica a situacións, históricas e actuais, de desigualdade que afectan ás mulleres, así como ás diferentes formas de agresión que padecen en todo o mundo.

A explotación sexual, o tráfico de persoas, os asasinatos machistas, a ablación sexual, os comportamentos sexistas ou a evolución das leis relativas ás desigualdades sociais son algúns dos asuntos que se tratan nesta unidade didáctica, que ten por obxecto a concienciación da mocidade contra a violencia de xénero e a súa formación en valores non sexistas.

Realizada por Mª Luisa Abad Abad, Esther Mato Méndez e Mercedes Oliveira Malvar, a unidade didáctica ofrece, ademais, múltiples enlaces a páxinas webs onde ampliar información sobre calquera tipo de violencia que se exerce sobre as mulleres.

O contido desta unidade didáctica pódese ver neste enlace: http://www.igualdadevigo.org/datasedatos 


-- 

Sin educación no hay solución


Colaboración de Mingos Teixeira, artista plástico e educador.

La violencia contra la mujer abarca diferentes tipos de abusos, desde los más visibles como son los físicos, a los más difíciles de detectar y demostrar, como son los psicológicos. Lo que une a todos ellos es el origen de la fuente: un hombre con un profundo trastorno de personalidad y un grave complejo de inferioridad ante el mundo que le rodea.
        
Ese “hombre” que ejerce maltrato es tan sólo la punta de un iceberg con una gran base de flotación, y que gracias al desarrollo mental y social del ser humano está condenado a derretirse en el océano del respeto. Al igual que otras muchas costumbres bárbaras que hemos erradicado en nuestro comportamiento, no me cabe duda de que las futuras generaciones se preguntarán cómo sus antepasados podían discriminar y ejercer violencia hacia una persona por razones como el sexo o el color de su piel.

Pero todavía nos queda camino por recorrer, y para este sprint final (además de identificar, repudiar y castigar a los agresores) debemos alimentarnos de la educación en el respeto y la igualdad. Son los niños de hoy en día en los que debemos fijar la mayor parte de nuestros esfuerzos, ya que son ellos los que tienen el futuro ante sí. Y puesto que es en el colegio donde se afianzan los lazos sociales que marcarán su futuro comportamiento, debe ser también allí donde se les enseñe que las personas no se diferencian entre sí por su “forma”, sino por su “fondo”.

17/11/11

¿É boa coisa iso?



Fermosa aportación da realizadora de documentáis Claudia Brenlla para EnlazaVigo:



Una palabra



Colaboración de Miguel Costas, músico.


Violencia, verbal, sicológica ,maltrato físico ,intolerancia, acoso, alcohol, celos, dinero, drogas, dudas ,daño, trauma, problemas, arrebato, sangre, ,suicidio, cárcel, dolor ,familia, dolor, amigos, dolor ,hijos ,dolor, dolor, pena ,tristeza. Muerte.

Amistad, educación, libertad, comprensión. Vida


En una palabra. Respeto.

Por unha sociedade libre e sana



Colaboración de Paula Mariño Pazó, artista plástica e escritora. (Manifesto escrito en setembro para a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos).

O luns, 18 do mes de setembro, atopei unha pequena reseña nun periódico local sobre a morte de tres mulleres na páxina de sucesos; somentes ocupaba 10 x 15 cm, o que indica unha vez máis a escasa repercusión que ten para a sociedade a morte das mulleres víctimas da violencia machista. Pequenas crónicas, que lonxe de aparecer en grandes titulares, reseñan tan só o nome e idade das mulleres e acaso o seu lugar de orixe ou onde vivía na actualidade. Son tres mulleres máis que engadir á lista deste ano, que suman xa corenta e oito e que, por experiencia de anos pasados, sabemos que non parará e que seguirá a crecer ata o mes de decembro.

Noutros xornais, nas páxinas interiores, a noticia espállase un pouco, comentando as particularidades desas mortes, que case sempre remiten ás parellas desas mulleres como posibles sospeitosos ou “presuntos” asasinos: maridos, exnoivos ou parellas sentimentais. Mulleres que morren pola man de homes que, en moitos casos, foron denunciados  anteriormente por acoso ou maltrato.

Calquera noticia sobre fútbol, políticos ou persoaxes mediáticos, ten unha maior presenza na primeira páxina de tódolos xornais.

Porén, o peor non é a indiferencia dos medios de comunicación, con todo o poder que posuen para cambiar a mentalidade das persoas, senón a indiferencia salvaxe dos homes e mulleres, que cecais pensan: “a min iso nunca me  vai pasar, a violencia machista non entrará nunca na miña vida”. Mais iso non é certo, porque unha sociedade que convive con normalidade cos asasinatos das mulleres, que convive co maltrato, psicolóxico ou físico, non é unha sociedade libre, non é unha sociedade sana, senón débil e murcha.

Esas mulleres morren, porque malviven nunha sociedade patriarcal e machista, que aínda non superou o costume dos homes paleolíticos que empurraban as mulleres ao leito arrastradas polos cabelos, eses cabelos tan perniciosos, según algunhas sociedades, para os homes. Unha sociedade que permite, que agocha, en moitos casos un maltrato que está moi relacionado tamén co salario, en moitos casos inferior ao dos homes, e coa incapacidade real de conciliar a vida familiar e laboral, aínda que nos últimos anos a meirande parte d@s universitari@s sexan mulleres, e a nosa formación supera en moitos casos a dos nosos compañeiros varóns.

Debería ser a sociedade, e a cidadanía  que a compón, a que loitara dun xeito comprometido contra a inxustiza que supón o maltrato, para establecer, desde esquemas educativos igualitarios, normas afastadas da violencia, de calquera violencia exercida contra nenas, nenos e mulleres.

Porque o problema da violencia machista aféctanos a todas e todos e non debería ser tan só un problema tratado desde as asociacións feministas ou desde as políticas de igualdade (que por certo cada vez teñen menos recursos), senón, unha preocupación de toda a sociedade.

Por iso, desde aquí, desexo facer un chamamento a todas e todos para que poñamos dunha vez freo a este problema, que é tan importante como a crise económica, e moito máis que calquera das noticias que a toda cor e en grandes titulares enchen as páxinas dos nosos xornais.

16/11/11

Tempos de muller

Letra da canción "Tempos de muller" de Wöyza.
A cousa está en aspirar,
En alcanzar as liberdades,
Hay mil razóns, tes me que creer
Teño capacidades,
A nosa luz alumeará,
Unha xeración en igualdades,
Non vou cesar en atopar,
o meu lugar con dignidade.

Nós non vivimos nun segundo plano,
Ninguén dixo nunca que isto fose doado,
Non queda ó noso esforzo en vano
Tódalas mulleres podemos logralo.
Nós non vivimos nun segundo plano,
Ninguén dixo nunca que isto fose doado,
Non queda ó noso esforzo en vano
Tódalas mulleres podemos logralo.

Son tempos de muller, escoita... non ó esquezas....

Vou embarcar con ilusións, por intuicións
Camiño da verdade.
Falar de pé, sen dubidar, non vou tremer,
Nen ter inseguridades.
Non esquezer nunca quen sou,
A miña personalidade.
A miña voz non vai calar,
O ouvir a tua hostilidade.
A forza esta nas nosas mans,
Só cunha pouca de vontade.
Se niso crees tes que actuar,
Para sermos unha unidade.
Non agardar para cambiar,
Non creas ter debilidade.
Tempos de paz, como muller,
As mesmas oportunidades.

Nós non vivimos nun segundo plano,
Ninguén dixo nunca que isto fose doado,
Non queda o noso esforzo en vano,
Tódalas mulleres podemos logralo.
Nós non vivimos nun segundo plano,
Ninguén dixo nunca que isto fose doado,
Non queda ó noso esforzo en vano
Tódalas mulleres podemos logralo.

Non ó esquezas... son tempos de muller, escoita...

Un día que non debería de existir



Colaboración de Amalia Mosquera, xornalista.

25 de  novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Non me gusta  festexar este día. Oxalá non existira. Oxalá deixara de ser necesario. Pero é, e  moito. 53 mortas no 2011 porque os seus asesinos din estar namorados delas e non permiten que elas xa non lles queiran. Tan espantoso como sona. No 2010  foron 78. No 2009 houbo outras, no 2008... E outras moitas, sempre demasiadas,  non morreron, pero sofriron anos de menosprezos, de malos tratos físicos e  síquicos. Día a día.

Hoxe non quero seguir mirando atrás, senón adiante, a un futuro branco, non negro. A educación é vital. Niso estamos todas, todos os cidadáns, mulleres e homes, institucións, leis. Xa non calamos cando oímos berros trala porta. Ao remate sabemos que é un problema de todos. E así conseguiremos que este día desapareza. Oxalá. 

15/11/11

Para cuándo la vuelta a la tortilla



Colaboración de Tony Lomba, cantante.

Que si tienes pasta, fuerza, poder... eres alguien reconocido en esta sociedad.

Pues que os jodan, los que así pensáis, yo voy a vomitar cariño, diálogo, respeto, educación y mil cosas más para los que vienen. Que cuando le pregunten a mis hijos cómo es su padre, a ellos se les llene la boca de orgullo diciendo: una buena persona. Yo lo intento. Hoy para algunos soy un idiota. No hagas daño porque sí: IMBÉCIL.

No hay soga más dura que la del miedo, pero no olvides que alguna puerta habrá. 

Un beso interminable de un panoli trovador.

14/11/11

Centros educativos e organizacións sociais confirman a súa asistencia á cadea humana contra a Violencia de Xénero

Pódese ler a Newsletter neste enlace
Máis dun millar de persoas teñen confirmado xa a súa asistencia á cadea humana contra a violencia machista que se desenvolverá en Vigo o vindeiro día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Destacan entre elas o alumnado de numerosos centros de ensino da cidade, tanto IES como colexios concertados.

A dúas semanas da celebración desta iniciativa do Consello Municipal da Muller e da Concellería de Igualdade de Vigo, que ten por obxecto visibilizar a repulsa cidadá contra o machismo e as tráxicas consecuencias da violencia machista, a iniciativa Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero obtivo unha gran repercusión nas redes sociais e está a divulgarse en toda a cidade mediante mupis e soportes electrónicos na rúa, autobuses urbanos, etc.

Na organización na rúa da cadea humana participará a Oficina Municipal do Voluntariado. A función dos voluntarios e voluntarias será a de acompañar os diferentes grupos participantes e asignarlles un lugar no percorrido da cadea.

Estas e outras novas relacionadas coa organización da cadea humana pódense ler no número 2 da Newsletter de Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero.

10/11/11

Se acabó


Colaboración de María Rey, xornalista.

Nunca una sociedad estuvo tan concienciada contra la violencia machista. Nunca antes conocimos las cifras. Nunca antes nos indignamos tanto.

Ahora ya no es una opción, ya no es una realidad que se pueda ignorar. Ahora tenemos un compromiso que debe ser asumido en cada casa.

Ya no hay pretexto para que permitamos que en nuestro entorno se eduquen niños machistas, niñas sin autoestima, jóvenes violentos a los que nadie pone un límite...

Se acabó.

EDUCA, DENUNCIA, COMPROMÉTETE.

9/11/11

Malos tratos


Colaboración de Mónica de Nut, actriz e cantante.

Nunha ocasión dirixíronse a min falando nun tono de voz tan violento que fun eu mesma a que lle arreu una bofetada a tal individuo. Doeume a min máis ca el. Non o volvín ver. Non me devolveu a bofetada… menos mal, non estaría aquí para contalo. Tampouco se repetiu conmigo ninguna situación violenta pero si con outras mulleres polo que esta persoa estivo en prisión.

¿Quen é a víctima e quén o culpable?
Non existe maltratador se non hai víctima. As dúas partes alimentan a mesma realidade.
A educación segue a ser o motor.

Iniciativas como Enlaza Vigo son importantes para apoiar a situación alarmante da violencia de xénero e a realidade de que hai moitas mulleres que morren por este motivo. Pero se imos a raíz do problema atopámonos cunha educación machista na que tanto homes como mulleres somos cortados polo estereotipo que nos priva de liberdade. Coñezo a moitos homes que se queixan de non ser aceptados nas “manadas macho” por non ter actitudes machistas coas mulleres. Eu mesma síntome moitas veces violentada por outras mulleres por non ter actitudes de “muller obxecto sexual” cos homes. Coñezo a mulleres moito máis machistas que homes e homes máis feministas que mulleres. Todos somos víctimas neste sentido. Cada persoa debería cultivar a súa parte femenina e masculina que todos temos. A parte sensible, comunicativa, creativa e a parte de facer, a forza, a vontade. As dúas partes son igualmente importantes. Somos febles e somos fortes á vez, vulnerables e firmes dependendo da situación pero nunca ríxidos e sempre nutrindo a empatía cas demáis persoas, peza clave.

Se estou ben sendo eu mesma comparto pero non me vendo, non trago con cousas que me fan mal, teño poder de decisión. Se preciso constantemente dunha persoa para valerme estou presa, anulada… aínda que a situación non sexa violenta pode selo en calquera momento. Estar ben por dentro na nosa soidade interior, no noso recuncho que nos axude a saír das situación límite e a disfrutar da vida, que para iso está.

Enlaza Vigo.
Enlacémonos pola empatía e o ben común que non é outro que o ben individual.
Estamos todos no mesmo barco… aínda que as veces coste crelo.

2/11/11

EnlazaVigo acada unha ampla difusión en redes sociais

Pódese ler a Newsletter neste enlace.
Na primeira semana tras a presentación da iniciativa para formar unha gran cadea humana contra a Violencia de Xénero en Vigo, o vindeiro día 25 de Novembro, EnlazaVigo conta xa con máis de 500 amizades e seguementos nas redes sociais Facebook e Twitter. Ademais, o blog da campaña www.enlazavigo.com tivo máis de 2.000 visitas.

Artistas como Mercedes Peón, Patricia Moon, Nicolás Pastoriza ou Silvia Superstar; escritoras e escritores como Marga do Val, Manuel Bragado, María do Carme Krukemberg ou Fran Alonso; xornalistas como María Rey, Xabier Fortes ou Ana Guantes; deportistas como Deborah Rodríguez ou equipos como o  R.C. Celta, entre outras moitas persoas de todos os ámbitos, teñen expresado o seu compromiso con esta iniciativa, e xa anunciaron que se van enlazar contra a Violencia de Xénero.

Estas e outras noticias están dispoñibles no primeiro número da Newsletter sobre a iniciativa “Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero”, na que se fai un repaso da marcha da campaña organizada polo Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade de Vigo.